As tolas que non o eran : mulleres no manicomio de Conxo 1885-1936 / Carmen V. Valiña
por Vidal Valiña, Carmen Marina. (1985-) [autor/a]
.
Tipo: 







Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
---|---|---|---|---|---|---|
Prestable | CPI de San Sadurniño Sala préstamo | 821 VAL tol | Dispoñible | CEH026000019272 |
|
Este é un libro sobre as que nunca importaron. As tolas que non o eran, rachando as follas co único que non puideron quitarlles: a coraxe para berrar que a historia non sempre é como nola contan.
As internas no manicomio de Conxo entre 1885 e 1936 tiñan todos os ingredientes que condenan a unha persoa á marxe: mulleres, aldeás, pobres, analfabetas, rebeldes. Pero as súas vidas gardan a potencia do fondamente humano: a subversión de Amalia fumando cigarros rubios no vapor Habana; a carta que María envía á súa filla despois dun Nadal no inferno; a mirada sen esperanza de Elena, a quen imaxinas amasando nas mans da neta e non na cesta de costura dun manicomio.
En cada relato emerxe un escintileo que nos interpela: “Estou aquí e quero que me escoites”. Todas elas regaláronnos a súa mirada a través das paredes do manicomio e as súas palabras para escoitar a voz das vencidas. Porque o que queda nas cunetas da historia merece ser contado.